galego: Regular Print

Updated ? hours ago # views See on WACS
2 Timoteo
2 Timoteo
Capítulo 1

1 2 Paulo, apóstolo de Xesús Cristo pola vontade de Deus, según a promesa de vida en Xesús Cristo, a Timoteo, fillo querido: graza, misericordia e paz de Deus Pai e de Xesús o Mesías, o noso Señor. 3 Doulle grazas a Deus. a quen sirvo dende os meus devanceiros con concencia limpa, de que sempre me lembro de ti nas miñas oracións, noite e dia; 4 véñenme ganas de te ver, cando lembro as túas bágoas, para encherme de ledicia, 5 tendo vivo o recordo da túa fe sinceira, que primeiro tiñan a túa avoa Loida e na túa nai Eunice, e estou convencido que tamén está en ti. 6 Por esta causa, recórdoche que atices o lume do don de Deus que hai en ti pola imposición das miñas mans. 7 Porque Deus non nos deu espírito de covardía, senón de poder, de amor e de dominio propio. 8 Polo tanto, non teñas vergoña de testemuñar do noso Señor, nin de min, o seu prisioneiro; senón comparte comigo o sofremento por causa do evanxeo, contando co poder de Deus, 9 quen nos salvou e nos chamou con chamamento santo, non polas nosas obras, senón dacordo ó seu propósito e a graza que nos deu en Xesús Cristo antes dos tempos eternos; 10 pero que se manifestou agora pola vinda do noso Salvador, Xesús Cristo, quen derogou a morte e alumeou a vida e a inmortalidade por medio do evanxeo, 11 para iso eu fun constituído pregueiro, apóstol e mestre. 12 Por iso eu tamén padezo todas estas cousas, pero non sinto vergoña, porque sei a quén crin e estou certo de que é podente para gardar o meu depósito ata aquel día. 13 Mantén o exemplo das palabras sanas que me escoitache, verbo da fe e o amor que hai en Xesús o Mesías. 14 Garda o bo depósito por medio do Espírito Santo que mora en nos. 15 Xa sabes que me plantaron todos os de Asia, entre eles Fixelo e Hermóxenes. 16 Que o Señor conceda misericordia á familia de Onesíforo, pois moitas veces me animou e non se avergoñou das miñas cadeas, 17 senón que, tan pronto como chegou a Roma, buscoume por todas partes ata atoparme. 18 Que o Señor lle conceda misericordia naquel día, pois tí ben sabes cantos servicios fixo por min en Éfeso.
Capítulo 2

1 Polo tanto, ti, meu fillo, sé fortalecido coa graza que hai en Xesús o Mesías. 2 As cousas que ouviste de min en presencia de moitas testemulñas, encárgallelas a persoas de confianza que sexan capaces de ensinar tamén a outras. 3 Comparte sofrementos coma un bo soldado de Xesús Cristo. 4 Ningún soldado se deixa enguedellar nos negocios da vida, se quer compracer a aquel que o alistou. 5 Tamén se algún compite coma atleta. non leva o premio se non compite dacordo ás normas. 6 O labrego que traballa duro, é o primeiro en participar dos froitos, 7 Medita ben no que che digo, porque o Señor hache dar entendemento en todo. 8 Lémbrate de Xesús o Mesías, da semente de David, resucitado de entre os mortos segundo ó meu evanxeo; 9 polo cual estou a sofrer penalidades na cadea coma se fora un criminal; pero a palabra de Deus non está encadeada. 10 Por iso soporto todas as cousas, por amor dos escolleitos, para que eles tamén acaden a salvación que hai en Xesús o Mesías con gloria eterna. 11 De toda confianza é esta palabra: Se morremos con Él, tamén viviremos con Él; 12 se perseveramos, tamén reinaremos con Él; se arrenegamos del, él tamén nos negará; 13 Se nos somos infieis, Él permanece fiel, porque non pode arrenegar de si. 14 Lémbralles estas cousas, declarándolles solemnemente diante de Deus que non discutan sobre palabras, porque iso non vale para nada, senón para botar a perder ós ouvintes. 15 Procura con presteza presentarte diante de Deus aprovado, obreiro que non ten de qué sentir vergoña, que deseña correctamente a palabra da verdade. 16 Pero evita leiras pagans e vans, porque producirán que a impiedade medre mais, 17 e a palabra deles roerá como gangrena; como son Himeneo e Flieto, 18 que se afastaron da verdade dicindo que a resurreción dos mortos xa aconteceu, co que están botando a perder a fe dalgúns. 19 Con todo, o fundamento de Deus mantense firme, levando este selo: O señor conoce os que son del e: Afástese da inxustiza todo o que pronuncia o nome do Señor. 20 Pero nunha casa grande, non hai somente cuncas de ouro e prata, senón tamén de madeira e barro; unhas, para uso nobre,. e ouotros para uso común. 21 Polo tanto, se un se limpa desas cousas, será unha cunca honorable, santificado, útil para o seu Señor, preparado para toda boa obra. 22 Fuxe das pasións da mocidade e persegue a xustiza, a fe, o amor e a paz, con todolos que de corazón limpo invocan ó Señor.. 23 Pero evita as discusións necias e parvas, sabendo que enxendran liortas. 24 porque un servo do Señor non debe ser liante senón amable con todos, axeitado para ensinar, tolerante; 25 que saiba correxir a aqueles que se opoñen, con mansedume por si cecais Deus lles conceda arrepentemento que leva ó coñecemento total da verdade, 26 e volvan sn sí, fuxindo das trapelas do demo nas que están cativos para facer o que él quere..
Capítulo 3

1 Pero debes saber o seguinte: nos derradeiros días virán tempos difíciles; 2 porque as persoas serán egoístas, amigos dos cartos, fachendosas, presumidas, baralláns, rebeldes contra os pais, desagradecidas, irreverentes, 3 sen agarimo natural, infelxibles, calumniadoras, impertinentes, crueles, enemigas do bo, 4 traidoras, itemerarias, envanecidas e amantes dos praceres mais que de Deus. 5 terán apariencia de piedade, pero arrenegarán do seu rendemento. Fuxe de xente así. 6 Porque coma éstes son os que entran nas casas as agachadas e toman cativas as mulleriñas ateigadas de pecados, levadas por diferentes pasións; 7 que están sempre aprendendo, pero nunca podenn chegar ó coñecemento da verdade. 8 E do mesmo xeito que Ianes e Iambres resistiron a Moisés, así tamén estes se arrepoñen contra a verdade; xente de mente estragada e fracasados na fe. 9 Pero non irán lonxe, porque a súa tolería se lles fará manifesta a todos, como tamén foi a de aqueles. 10 En troques tí perseguiches de perto o meu ensino, o meu xeito de vivir, o meu propósito, a miña fe, o meu aguante con todos, o meu amor, a miña paciencia, 11 as persecucións e os sufrimentos, coma os que aturei na Antioquía, en Iconio e Listra, coma os padecementos que sufrín, e de todos eles me librou o Señor. 12 Si, todos os que queiran vivir dun xeito pidaoso en Xesús Cristo, padecerán persecución. 13 Pola sua banda, a xente mala e estafadora irá de mal en peor, enganando e sendo enganados. 14 Pero ti mantente no que aprendiches e no que foches persuadido, sabendo de quen cho aprendeu, 15 xa que dende neno coñeces as sagradas escrituras, que poden facerte sabio na salvación que hai pola fe en Xesús Cristo. 16 Toda a escritura é inspirada por Deus, e é útil para ensinar, para rebater os enganos, para enmendar, para instruir na xustiza, 17 de xeito que as persoas de Deus sexan completamente cualificadas e competentes para toda boa obra.
Capítulo 4

1 Mándoche solemnemente na presenza de Deus e de Xesús o Mesías, que ha xulgar os vivos e os mortos na sua vinda e no seu reino: 2 pregoa a palabra, insiste a tempo e a destempo, corrixe, aconsella e reprende con toda a paciencia e doutrina. 3 Porque chegarán os tempos cando non soportarán a doutrina sana, senón que sintiindo coceira de ouvir, amorearán para si mestres conforme os seus propios caprichos; 4 afastarán o seu ouvido da verdade, e estraviaránse polo terreo das fábulas. 5 Pero tí sé sobrio en todo, soporta os sofrementos, fai obra de evanxeñista, cumple o teu ministerio. 6 Porque eu estou para ser derramado coma libación, e o tempo do meu pasamento é inminente. 7 Combatín una boa loita, rematei a miña carreira e gardei a fe. 8 Polo demais, está reservada para mín a coroa de xustiza, aquela que o Señor Xuiz xusto hame entregar naquel día; e non so a min, senón tamén a todos os que demostraron amar a súa vinda. 9 Procura vir a verme axiña, 10 porque Demas, amando este mundo presente, marchou a Tesalónica e deixoume desamparado, Cresente a Galacia, e Tito a Dalmacia. 11 So Lucas ficou conmigo, Recolle a Marcos e traino contigo, porque me compre moito para o ministerio, 12 pois a Tíquico mandeino a Éfeso. 13 Cando veñas, traeme o capote que deixei onda Carpo en Troas, xunto con os rollos, maiormente os pergamiños. 14 Alexandre, o ourive, fíxome moito mal; o Señor ha-lle dar o pago conforme ás súas obras. 15 Gárdate tí tamén de él, pois en gran maneira opúsose ás nosas palabras. 16 Na miña primeira defensa ninguén estivo ó meu carón, senón que todos me abandoaron; que non lles sexa tido na súa conta! 17 Pero o Señor axudóume e fortalecéume, para que por medio de min fora de sobra pregoada a mensaxe e a ouviran todas as nacións, e fun librado da boca do león. 18 Do mesmo xeito o Señor hame librar de toda obra mala e hame protexer para o seu reino celestial. A Él sexa a gloria polos séculos dos séculos. Amén. 19 Saúda a Prisca e a Aquila, e á familia de Onseíforo. 20 Erasto ficou en Corinto, e Trófimo quedou enfermo en Mileto. 21 Fai o posible para vir antes do inverno. Mándanche saúdos para ti Eubulo, Pudente, Lino e Clauda, ademais de todos os irmáns. O Señor sexa co teu espírito. 22 A graza sexa convosco.