galego: Regular Print

Updated ? hours ago # views See on WACS
O Apocalipse
O Apocalipse
Capítulo 1

1 Revelación de Xesús Cristo, que Deus lle deu para manifestar aos seus servos o que debe suceder axiña, e declarouna enviándoa por medio do seu anxo ao seu servo Xoan, 2 quen deu testemuña da palabra de Deus, e da testemuña de Xesús Cristo, e de todo o que viu. 3 Feliz o que le e os que oen as verbas da profecía e gardan as cousas que nela están escritas, porque o tempo está próximo. 4 Xoan, ás sete igrexas que están en Asia: graza a vós e paz, de quen é e que era e quen virá, e dos sete Espíritos que están diante do seu trono, 5 e de Xesús Cristo, a testemuña fiel, o primoxénito dos mortos e o soberano dos reis da terra. Ao que nos ama e nos fixo libres dos nosos pecados co seu sangue, 6 e fixo de nós un reino e sacerdotes para o seu Deus e Pai, a El sexa a gloria e a soberanía polos séculos. Amén. 7 Velaí ven coas nubes, e vaino ver todo ollo, e tamén os que o traspasaron; e tódalas tribos da terra farán lamentación por El; sí. Amén. 8 Eu son o Alfa e o Omega, di o Señor Deus, o que é e que foi e que está vindo, o Todopoderoso. 9 Eu, Xoan, voso irmán e partícipe con vós na tribulación, no reino e na constancia en Xesús, atopábame na illa de Patmos, por mor da palabra de Deus e do testemuño de Xesús. 10 Estando no espírito no día do Señor, oín tras de min unha grande voz, como de trompeta, 11 que dicía: escribe nun libro o que ves, e envíao ás sete igrexas: a Éfeso, Esmirna, Pérgamo, Tiatira, Sardis, Filadelfia e Laodicea. 12 E vireime para ver de quen era a voz que estaba a falar comigo. E ó virarme, vin sete candeeiros de ouro; 13 e no medio dos candeeiros, vin a un semellante ao Fillo do Home, vestido cunha túnica que lle chegaba aos pés e cinguido polo peito cun cinto de ouro. 14 A súa cabeza e os seus cabelos eran brancos como a branca lá, coma neve; os seus ollos eran como chamas de lume; 15 os seus pés semellantes ao bronce lustrado, refinado no forno, e a súa voz coma o murmurio de moitas augas. 16 Na súa man dereita tiña sete estrelas, e da súa boca saía unha espada aguda de dous gumes; o seu rostro era coma o sol cando reloce con toda a súa forza. 17 Cando o vin, caín como morto aos pés del. E El puxo a súa man dereita sobre min, dicindo: Non temas, eu son o primeiro e o derradeiro, 18 e o que vive, e estiven morto; velaquí, estou vivo polos séculos dos séculos, e teño as chaves da morte e do Hades. 19 Escribe as cousas que viches, e as que son, e as que sucederán despois de éstas. 20 No tocante ao misterio das sete estrelas que viches na miña man dereita e dos sete candeeiros de ouro: as sete estrelas son os anxos das sete igrexas, e os sete candeeiros son as sete igrexas.
Capítulo 2

1 Escribe ao anxo da igrexa en Éfeso: o que ten as sete estrelas na súa man dereita, o que anda entre os sete candeeiros de ouro, di esto: 2 Sei das túas obras, o teu cansanzo e a túa perseveranza, e que non podes aturar aos malos, e puxeches a proba aos que se chaman apóstolos e non son tal, e topáchelos mentireiros. 3 Tes perseveranza, e aturaches moito por mor do meu nome e non desfaleceches. 4 Mais teño esto na túa contra: que deixachelo teu primeiro amor. 5 Lembra, pois, de onde foi que caíches e arrepíntete, e fai as obras que fixeches ao principio; se non virei a ti e quitarei o teu candeeiro do seu sitio, a non ser que te arrepintas. 6 Por outra banda tes isto, que aborreces as obras dos nicolaítas, obras que eu tamén aborrezo. 7 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas. Ao vencedor dareille a comer da árbore da vida, que está no paraíso de Deus. 8 Escribe ao anxo da igrexa en Esmirna: O primeiro e o derradeiro, o que estivo morto e voltou á vida, di isto: 9 Eu sei do teu padecemento e a túa pobreza (mais es rico), e a blasfemia dos que se din ser xudeus e non son tal, senón sinagoga de Satanás. 10 Non temas o que estás por sufrir. Velaí o diaño botará a algún de vós na cadea para serdes probados, e teredes padecemento por dez días. Sé fiel ata a morte, e Eu dareiche a coroa da vida. 11 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas. O vencedor non sufrirá dano da morte segunda. 12 Escribe ao anxo da igrexa en Pérgamo: O que ten a espada aguda de dous gumes, di isto: 13 Eu sei onde moras, onde está o trono de Satanás. Gardas fielmente o meu nome e non negaches a miña fe, aínda nos días de Antipas, miña testemuña fiel, que foi morto entre vós, onde mora Satanás. 14 Pero teño na túa contra unhas poucas cousas, porque tes aí aos que manteñen a doutrina de Balaam, que ensinaba a Balac a poñer atranco ante os fillos de Israel, a comer cousas sacrificadas aos ídolos e a fornicar. (inmoralidade sexual, practicar idolatría) 15 Mesmo tes tamén algúns que sosteñen a doutrina dos nicolaítas. 16 Polo tanto, arrepíntete; se non, virei a ti axiña e pelexarei contra eles coa espada da miña boca. 17 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas. Ao vencedor dareille do maná agochado e dareille unha pedriña branca, e gravado na pedriña un novo nome, que ninguén coñece senón o que o recibe. 18 Escribe ao anxo da igrexa en Tiatira: o Fillo de Deus, que ten ollos como chamas de lume, e os seus pés son semellantes ao bronce lustrado, di isto: 19 Eu sei das túas obras, o teu amor, a túa fe, o teu servizo e a túa perseveranza, e que as túas recentes obras son maiores que as primeiras. 20 Pero esto na túa contra: que admites a esa muller Xezabel, que se di ser profetisa, e ensina e seduce aos meus servos a que cometan actos inmorais e coman das cousas sacrificadas aos ídolos. 21 Deille tempo para arrepentirse, e non quere arrepentirse da súa inmoralidade. 22 Velaí a boto na cama, e en gran padecemento aos que adulteran con ela, a non ser que se arrepintan das obras dela. 23 E aos seus fillos matarei con mala morte, e todas as igrexas coñecerán que Eu son o que escudriño o máis profundo das mentes e dos corazóns, e dareivos conforme cadansúas obras. 24 Pero a vós, aos demáis que están en Tiatira, aos que non teñen esta doutrina, que non ceñeceron as cousas profundas de Satanás, como lles chaman eles, dígovos: non vos impoño outra carga. 25 Así e todo, o que tendes, retédeo ata que eu veña. 26 E ao vencedor, ao que garda as miñas obras ata a fin, dareille autoridade sobre as nacións; 27 e ha pastorear con vara de ferro, coma os vasos do oleiro son feitos anacos, como eu tamén recibín do meu Pai; 28 e dareille a estrela da mañá. 29 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas.


Capítulo 3

1 Escribe ao anxo da igrexa en Sardis: O que ten os sete espíritos de Deus e as sete estrelas, di isto: sei das túas obras, que tes nome de que vives, pero estás morto. 2 Sé vixiante e afirma as outras cousas, que estaban a piques de morrer, porque hacho que as túas obras non son perfectas diante do meu Deus. 3 Lémbrate, entón, do que recibiches e oíches; e gárdao e arrepíntete. Pois se non vixías, virei coma ladrón, e non saberás a que hora chegarei sobre ti. 4 Pero tes uns poucos en Sardis que non ensuciaron as súas vestiduras, e andarán comigo de branco, porque son dignos. 5 O que venza deste xeito vestirase con vestiduras brancas e non borrarei o seu nome do libro da vida, e confesarei o seu nome diante do meu Pai e diante dos seus anxos. 6 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas. 7 Escribe ao anxo da igrexa en Filadelfia: o Santo, o Verdadeiro, o que ten a chave de David, o que abre e ninguén fecha, e fecha e ninguén abre, di isto: 8 Es sei das túas obras. Velaí puxen unha porta aberta diante de ti que ninguén pode fechar, porque anque tes pouco poder, gardaches a miña palabra e non negaches o meu nome. 9 Mira, entrego a algúns da sinagoga de Satanás, dos que din ser xudeus e non son tal, senón que minten; eu farei que veñan e se poñán aos teus pés, e saiban que te amei. 10 Porque gardaches a palabra da miña paciencia. Tamén eu te hei gardar da hora da proba que está a piques de vir sobre o mundo enteiro, para probar aos que vivan na terra. 11 Veño decontado! Retén firme o que tes, para que ninguén bote man da túa coroa. 12 Ao vencedor fareino columna do santuario do meu Deus, e endexamais sairá de alí; escribirei sobre el o nome do meu Deus, e o nome da cidade do meu Deus: a nova Xerusalem que descende do ceo, e o meu novo nome. 13 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas. 14 Escribe ao anxo da igrexa en Laodicea: 15 o Amén, a Testemuña Fiel e verdadeira, o Principio da creación de Deus, di isto: Eu sei das túas obras, que nen es frío nen quente. Ai se foras frío ou quente! 16 Por canto es morno, e non frío nen quente, heite vomitar da miña boca. 17 Porque dis: son rico, enriquecín e non teño necesidade algunha! e non sabes que es un miserable, digno de compaixón, e pobre, cego e nu, 18 aconsélloche que merques de min ouro refinado no lume para que sexas rico, e vestiduras brancas para te cubrir, e non apareza a vergoña de verte espido, e colirio para unxir os teus ollos, para que vexas. 19 Eu reprendo e disciplino a todos os que amo; sé, pois, fervoroso e arrepíntete. 20 Mira, Eu estou chamando na porta; se algún escoita a miña voz e abre a porta, entrarei a el, e cearei con el e el comigo. 21 Ao vencedor, concedereille sentar comigo no meu trono, como Eu tamén vencín e sentei co meu Pai no seu trono. 22 O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas.
Capítulo 4

1 Logo disto mirei, e vin unha porta aberta no ceo; e a primeira voz que escoitara, coma son de trompeta que falaba comigo, dicía: Sobe aquí e amosareiche o que debe suceder despois disto. 2 Ao momento estiven en espírito, e velaí un trono posto no ceo, e no trono, un sentado. 3 E o que estaba sentado semellaba no seu parecer a unha pedra de xaspe e de cornalina, e había un arco iris arredor do trono, semellante no seu parecer a unha esmeralda. 4 Arredor do trono había vintecatro tronos, e sentados nos tronos, vintecatro anciáns vestidos de vestiduras brancas, e sobre as súas cabezas, coroas de ouro. 5 Do trono saen lóstregos, voces e estrondos; e diante do trono arden sete lámpadas de lume, que son os sete espíritos de Deus. 6 Diante do trono hai coma un mar de vidro, semellante ao cristal; e no medio do trono, arredor do trono, catro seres vivintes, cheos de ollos por diante e por detrás. 7 O primerio ser vivinte semellaba un león; o segundo ser vivinte semellaba un becerro; o terceiro ser vivinte tiña semblante coma de home, e o cuarto ser vivinte semellaba unha aguia voando. 8 Os catro seres vivintes, cada un deles con seis ás, estaban cheos de ollos arredor e por dentro, e non paraban día e noite dicindo: Santo, Santo, Santo é o Señor Deus Todopoderoso, o que era, e que é, e o que está vindo! 9 E cando os seres vivintes den gloria e honor ao que está sentado no trono, ao que vive polos séculos dos séculos, 10 os vintecatro anciáns postraranse diante do que está sentado no trono, e adorarán ao que vive polos séculos dos séculos, e botarán as súas coroas diante do trono, dicindo: 11 Digno es, Señor noso Deus, de recibir a gloria, o honor e o poder, porque ti creaches tódalas cousas, e pola túa vontade existiron e foron creadas!
Capítulo 5

1 E vin na man dereita do que estaba sentado no trono un pergamiño escrito por dentro e por fóra, pechado con sete selos. 2 E vin a un anxo forte que pregoaba a grande voz: quen é digno de abrir o pergamiño e desatar os seus selos? 3 E ninguén, nen no ceo nen na terra nen baixo da terra, podía abrir o pergamiño, nen de miralo. 4 E choraba eu moito, porque non se atopou ninguén digno de abrir o pergamiño, nen de miralo. 5 Entón dime un dos anciáns: non chores; mira, o León da tribo de Xudá, a Raíz de David, venceu para abrir o libro e os seus sete selos! 6 E vin no medio do trono e dos catro seres vivintes, e no medio dos anciáns, un Año en pé, como sacrificado, que tiña sete cornos e sete ollos, que son os sete espíritos de Deus enviados por toda a terra. 7 E veu e tomou o libro da man dereita do que estaba sentado no trono. 8 E cando tomou o pergamiño, os catro seres vivintes e os vintecatro anciáns caeron rendidos diante do Año; con cadansúa cítara e tazóns de ouro cheos de incensos que son as oracións dos santos. 9 E cantan un novo canto, dicindo: digno é de tomar o pergamiño e de abrir os seus selos, porque ti foches sacrificado, e co teu sangue redimiches para Deus procedentes de toda tribo, lingua, pobo e nación. 10 E fixeches deles un reino de sacerdotes para o noso Deus, e reinarán sobre a terra! 11 E mirando, oín a voz de moitos anxos arredor do trono, e dos seres vivintes e dos anciáns; e o número deles era unha multitude de milleiros e milleiros, 12 que dicían a grande voz: Digno é o Año que foi inmolado, de tomar o poder, e a riqueza, e a sabedoría, e a forza e o honor, e a gloria e o loubor! 13 E a toda cousa creada que está no ceo, sobre a terra, baixo da terra e no mar, e a tódalas cousas que hai neles, oín dicir: ao que está sentado sobre o trono e ao Año sexa o louvor, e a honra e a gloria e o dominio por tólolos séculos. 14 E os catro seres vivintes dicían: amén! E os anciáns axeonlláronse e adoraron.
Capítulo 6

1 E vin cando o Año abriu un dos sete selos, e oín a un dos catro seres vivintes que dicía, coma con voz de trono: sae! 2 Mirei e velaí un cabalo branco; e o que o montaba tiña un arco, e foille dada unha coroa, e saiu vencendo e para vencer. 3 Cando abriu o segundo selo, oín ao segundo ser vivinte que dicía: sae! 4 Entón saiu outro cabalo vermello coma o fogo, e ao que o montaba foille dado, quitar a paz da terra, e que se mataran os uns aos outros; e foille dada unha espada grande. 5 Cando abriu o terceiro selo, oín ao terceiro ser vivinte que dicía: sae! E mirei, velaí, un cabalo negro, e o que o montaba tiña unha balanza na man. 6 E oín coma unha voz no medio dos catro seres vivintes que dicía: unha libra de trigo por un denario, e tres libras de cevada por un un denario, pero non lle fagas mal ao aceite mailo viño. 7 Cando abriu o cuarto selo, oín a voz do cuarto ser vivinte que dicía: sae! 8 E mirei, velaí un cabalo pálido; e o que o montaba chamábase Morte; e o Hades seguía tras del; e foille dada autoridade sobre a cuarta parte da terra para matar con espada, con fame, con pestilencia, e polas feras da terra. 9 Cando o Año abriu o quinto selo, vin embaixo do altar as almas dos que morreran asasinados por mor da palabra de Deus e do testemuño que mantiveran; 10 e berraban dicindo: ata cando o Señor Soberano, Santo e Verdadeiro, non xulgas e véngalo noso sangue don que habitan na terra? 11 E déuselles cadansúa vestidura branca; e foilles dito que descansaran un pouco máis de tempo, ata completarse o número dos seus conservos, dos seus irmáns que habían ser asasinados coma eles. 12 Vin cando abriu o sexto selo, e houbo un gran terremoto, e o sol virou negro coma tela de crin, e a lúa enteira volveuse coma sangue, 13 e as estrelas do ceo caeron á terra, como a figueira deixa caer os seus figos verdes ao ser sacudida por un forte vento. 14 E o firmamento recolleuse coma un pergamiño que se enrola, e todo monte e illa foron quitados do seu lugar. 15 E os reis da terra, e os príncipes, e os comandantes, os ricos, os poderosos e todo escravo e libre, agocháronse nas covas e entre as penas dos montes; 16 e dicían aos montes e ás penas: caede sobre nós e agochádenos da presenza do que está sentado no trono e da ira do Año. 17 Porque chegou o grande día da ira deles, e quen pode manterse en pé?
Capítulo 7

1 Logo disto, vin a catro anxos en pé nos catro extremos da terra, detendo os catro ventos da terra, para que non soprara vento algún, nen sobre a terra nen sobre o mar nen sobre ningunha árbore. 2 E vin a outro anxo subindo por onde nace o sol, que tiña un selo do Deus vivo, e berrou moi alto aos catro anxos aos que se lles concedera facer dano á terra mailo mar, 3 dicindo: non fagades dano, nen na terra, nen ao mar, nen ás arbores, mentres non poñamos o selo na frente aos servos do noso Deus! 4 E escoitei o número dos selados: cento corenta e catro mil selados de toda tribo dos fillos de Israel: 5 da tribo de Xudá doce mil selados; da tribo de Rubén doce mil, da tribo de Gad doce mil, 6 da tribo de Aser doce mil, da tribo de Neftalí doce mil, da tribo de Manasés doce mil, 7 da tribo de simeón doce mil, da tribo de Leví doce mil, da tribo de Isacar doce mil, 8 da tribo de Zabulón doce mil, da tribo de Xosé doce mil, e da tribo de Benxamín doce mil selados. 9 Logo disto, mirei e velaí unha multitude que ninguén podía contar, de tódalas nacións, tribos, pobos e linguas, que estaban en pé diante do trono e diante do Año, vestidos con vestiduras brancas e palmas nas súas mans. 10 E alzan a súa voz dicindo: a salvación é do noso Deus, que está sentado no trono, e do Año. 11 E tódolos anxos estaban en pé arredor do trono e arredor dos anciáns e dos catro seres vivintes, e caeron sobre as súas facianas diante do trono, e adoraron a Deus, 12 dicindo: amén! a bendición, a gloria, a sabedoría, e a gratitude, o honor, o poder e a fortaleza, ao noso Deus polos séculos dos séculos. Amén. 13 Entón un dos anciáns tomou a palabra e preguntoume: estos que están con vestiduras brancas, quen son e quen veñen sendo? 14 E dixen: meu Señor, ti sábelo. Díxome: estos son os que veñen da gran tribulación e que lavaron as súas vestiduras e as branquearon no sangue do Año. 15 Por iso están diante do trono de Deus, e lle sirven día e noite no seu santuario; e o que está sentado no trono extenderá o seu tabernáculo sobre eles; 16 e non terán fame nen sede, nen o sol caerá máis sobre eles, nen calor algún. 17 Pois o Año en medio do trono pastorearaos, e os conducirá a manantiais de augas de vida, e Deus enxugará toda bágoa dos seus ollos.
Capítulo 8

1 Cando o Año abriu o sétimo selo, houbo silencio no ceo como por media hora. 2 E vin aos sete anxos que están de pé diante de Deus, e lles foron dadas sete trompetas. 3 E chegou outro anxo e parouse diante do altar cun incensario de ouro, e lle deron moito incenso para que o engadira ás oracións de tódolos santos sobre o altar de ouro diante do trono. 4 E o fume do incenso subiu da man do anxo, coas oracións dos santos á presenza de Deus. 5 E o anxo tomou o incensario e encheuno co lume do altar, e botouno á terra; e houbo relampos, e voces, e lóstregos e un terremoto. 6 E os sete anxos que teñen as sete trompetas dispuxéronse a tocalas: 7 o primeiro tocou a trompeta, e houbo saraiba e lume misturados con sangue, e foron lanzados á terra; e queimouse a terceira parte da terra, e a terceira parte das árbores e queimouse toda herba verde. 8 O segundo anxo tocou a trompeta, e veuse sobre o mar coma una gran montaña ardendo en chamas, e a terceira parte do mar volveuse sangue. 9 E morreu a terceira parte das criaturas que habían no mar, cantas tiñan vida, e a terceira parte dos barcos foron desfeitos. 10 O terceiro anxo tocou a trompeta, e caeu do ceu unha gran estrela, ardendo coma unha tea, e caeu sobre a terceira parte dos ríos e sobre os manantiais das augas. 11 O nome da estrela é Amargura; e a terceira parte das augas volveuse amargura, e moitas das persoas morreron por mor das augas que tornaran amargas. 12 O cuarto anxo tocou a trompeta, e foi ferida a terceira parte do sol, e a terceira parte da lúa, e a terceira parte das estrelas, para que a terceira parte deles escurecera, e o día non resplandecera na súa terceira parte, e así mesmo a noite. 13 E vin e oín unha aguia voando no medio do ceo, que dicía a gran voz: ai, ai, ai, dos que habitan na terra, por mor das outras voces da trompeta dos tres anxos que están a piques de tocar!
Capítulo 9

1 O quinto anxo tocou a trompeta, e vin unha estrela que caera do ceo á terra, e foille dada a chave do pozo do abismo. 2 Cando abriu o pozo do abismo, subiu fume do pozo coma o fume dun gran forno, e o sol mailo aire escureceron por mor del. 3 E do fume sairon lagostas á terra e foilles dado poder como o poder que teñen os escorpións da terra. 4 Díxoselles que non danaran a herba da terra, nen cousa verde algunha, nen ningunha árbore, senón só ás persoas que non teñen o selo de Deus na fronte. 5 Non se lles permitiu matar a ninguén, senón atormentalos por cinco meses; e o seu tormento era coma o tormento dun escorpión cando fere a unha persoa. 6 Naqueles días as persoas buscarán a morte e non serán que de atopala; e desexarán morrer, e a morte fuxirá deles. 7 O parecer das lagostas era semellante a cabalos preparados para a batalla, e sobre as súas testas tiñan coroas que parecían de ouro, e as súas caras eran coma facianas. 8 Tiñan cabeleiras coma cabeleiras de muller, e os seus dentes eran coma de leóns. 9 Tamén tiñan un peitorís coma peitorís feitos con ferro, e o balbordo das súas ás era coma o balbordo de carros de cabalos que corren á batalla. 10 Tiñan colas semellantes ás dos escorpións, con aguillóns, e o seu poder estaba nas súas colas para danar ás persoas durante cinco meses. 11 Sobre elas teñen por rei ao anxo do abismo, Abadón en hebreo, e Apolión en grego. 12 Pasou o primeiro ai! despois disto aínda veñen dous ai! 13 15 O sexto anxo tocou a trompeta, e oín unha voz que saía de entre os catro cornos do altar de ouro diante de Deus, 14 que dicía ao sexto anxo que tiña a trompeta:ceiba aos catro anxos que están atados xunto ao río Eufrates. e foron ceibados os catro anxos que foran preparados para a hora, o día, o mes e o ano, para matar á terceira parte das persoas. 16 O número dos exércitos de a cabalo, douscentos millóns. Eu escoitei seu número. 17 E na visión vin aos cabalos e aos que os montaban, que tiñan peitorís de lume, de zafiro e de xofre. E as testas dos cabalos eran coma cabezas de leóns, e das súas bocas saía lume, fume e xofre. 18 Por estas tres pragas foron mortas a terceira parte das persoas: polo lume, polo fume e polo xofre que saía da boca deles. 19 Pois o poder dos cabalos está na súa boca e nas súas colas; pois as súas colas son semellantes a serpes, que teñen cabezas e danan con elas. 20 E o resto das persoas, os que non foron mortos por estas pragas, tampouco se arrepentiron das obras das súas mans para deixar de adoraren aos demos e aos ídolos de ouro, de prata, de bronce, de pedra e de madeira, que non poden ver, nen oír, nen andar; 21 e non se arrepentiron dos seus homicidios, nen das súas bruxerías, nen da súa fornicación, nen dos seus furtos.
Capítulo 10

1 Vin a outro anxo que descencía do ceo, envolto nunha nube; e o arco iris estaba sobre a súa cabeza, o seu rostro era coma o sol, e os seus pés coma columnas de lume; 2 e tiña na man un pequeno pergamiño aberto; e poñendo o seu pé dereito sobre o mar e o esquerdo sobre a terra; 3 berrou a gran voz, como ruxe o león; e ao berrar, os sete tronidos tronaron as súas voces. 4 Cando os sete tronidos falaron, estaba a piques de escirbir, cando oín unha voz do ceo que dicía: Sela as cousas que os sete tronidos dixeron e non as escribas. 5 E o anxo que vin en pé sobre o mar e a terra, ergueu a súa man dereita ao ceo, 6 e xurou polo que vive polos séculos dos séculos, que creou o ceo e as cousas que están nel, e a terra e as cousas que están nela, e o mar e as cousas que están nel, que non habería máis tardanza, 7 senón que nos días da voz do sétimo anxo, cando esté a piques de tocar a trompeta, tamén terá cumprimento o misterio de Deus, como anunciou aos seus servos os profetas. 8 E a voz que oín do ceo falou comigo de novo, e díxome: Vai e toma o pergamiño aberto da man do anxo que estivo en pé sobre o mar e sobre a terra. 9 E achegueime ao anxo, dicíndolle que me dira o pequeno pergamiño. E dime: Toma e devorao; amargarache no interior, pero na túa boca será doce coma o mel. 10 Tomei o pequeno pergamiño da man do anxo, e devoreino; e na miña boca foi doce como o mel; e cando o comín, amargoume por dentro. 11 E me din: é preciso que profetices outra vez sobre moitos pobos, nacións, e linguas e reis.
Capítulo 11

1 Foi dada unha cana de medir semellante a unha vara, dicindo: érguete e mide o templo de Deus e o altar, e aos que adoran nel; 2 pero o patio do santuario déixao fóra e non o midas, porque foi entregado aos xentís, e eles profanarán a cidade santa por corenta e dous meses. 3 E darei ás miñas dúas testemuñas, e profetizarán por mil douscentos sesenta días, vestidos de cilicio. 4 Estos son as dúas oliveiras e os dous candeeiros que están en pé diante do Señor de toda a terra. 5 Se algún lles procura mal, un lume que sae das súas bocas devora aos seus inimigos; se algún lles quere facer mal morrerán do mesmo xeito. 6 Estos teñen poder para fechar o ceo para que non chova durante os días que eles porfeticen, e teñen poder sobre as augas para convertilas en sangue, e para ferir a terra con toda sorte de pragas, cantas veces queiran. 7 Cando rematen o seu testemuño, a bestia que sobe do abismo, fará guerra contra eles, e vencerá, e mataraos. 8 E os seus cadáveres xacerán na praza da gran cidade, espiritualmente chamada Sodoma, e Exipto onde tamén foi crucificado o Señor deles. 9 E os dos pobos, tribos, linguas e nacións, contemplarán os cadáveres por tres días e medio e non permitirán que sexan sepultados. 10 E os que viven na terra estarán alegres e festexando sobre eles, agasallándose uns aos outros, porque eles atormentaban aos que viven na terra. 11 Pero despois de tres días e medio, entrou neles un alento de vida que viña de Deus e puxéronse en pé, e colleron grande medo os que os viron. 12 E oiron unha grande voz do ceo que lles dicía: Subide acó! e subiron ao ceo na nube e foron contemplados polos seus inimigos. 13 Naquela hora houbo un gran terremoto, e derrubouse a décima parte da cidade, e no terremoto morreron sete mil persoas, e os demáis enchéronse de medo, e diron gloria ao Deus do ceo. 14 O segundo ai! pasou, velaí o terceiro ai! ven axiña. 15 O sétimo anxo tocou a trompeta, e houbo grandes voces no ceo, que dicían: O reino do mundo veu a selo reino do noso Señor e do seu Cristo; e El reinará polos séculos dos séculos. 16 E os vintecatro anciáns que estaban sentados diante de Deus nos seus tronos; postráronse sobre as suas facianas e adoraron a Deus, 17 dicindo: Dámosche grazas Señor Deus Todopoderoso, o que eres e que eras, porque tomaches o teu gran poder e reinas. 18 E enfurecéronse as nacións, pero xa chegou a túa cólera, e o tempo dos mortos ser xulgados, e de dalo galardón aos teus servos os profetas, e aos santos, e aos que temen o teu nome, aos pequenos e mailos grandes, e de destruir aos que destrúen a terra. 19 E abriuse o santuario de Deus no ceo, e foi vista no seu santuario a arca do seu pacto, e houbo lóstregos, e voces, e tronidos, e un terremoto e saraibada.
Capítulo 12

1 Foi visto no ceo un gran sinal; unha muller vestida do sol, coa luna baixo os seus pés, e unha coroa de doce estrelas sobre a súa cabeza: 2 e estando embarazada, berra cos dores de parto, agoniada por dar a luz. 3 E foi visto outro sinal no ceo: un gran dragón vermello que tiña sete cabezas e dez cornos, e sobre as súas cabezas había sete diademas. 4 A súa cola arrastraba a terceira parte das estrelas do ceo e lanzounas sobre a terra. E o dragón parouse diante da muller que estaba para dar a luz, coa fin de devorar ao seu fillo cando dera a luz. 5 E ela deu a luz a un varón, que ha rexir a tódalas nacións con vara de ferro, e seu fillo foi arrebatado ata Deus e ata o seu trono. 6 E a muller fuxiu ao deserto, onde tiña un lugar preparado por Deus, para ser sostida alí por mil douscentos sesenta días. 7 Entón houbo guerra no ceo: Miguel e os seus anxos loitaron contra o dragón. E o dragón e os seus anxos loitaron, 8 pero non foron fortes abondo, e xa non se atopou o seu lugar no ceo. 9 E foi lanzado o gran dragón, a serpe antiga que se chama Diaño e Satanás, que engana ao mundo enteiro; foi lanzado á terra e os seus anxos foron lanzados canda él. 10 E oín unha gran voz no ceo, que dicía: Nestre intre chegou a salvación, o poder e o reino do noso Deus e a autoridade do seu Cristo, porque o acusador dos nosos irmáns, o que os acusa diante do noso Deus día e noite, foi lanzado. 11 E eles acadaron a victoria por medio do sangue do Año e pola palabra do testemuño deles, e non amaron as súas vidas, mesmo ate a morte. 12 Polo tanto, alegrádevos, ceos, e os que vivides neles. Ai da terra e do mar! Porque o diaño baixou onda vós enfurecido, sabendo que ten pouco tempo. 13 Cando o dragón viu que fora lanzado á terra, perseguiu á muller que deu a luz ao varón. 14 Pero á muller fóronlle dadas dúas ás coma da gran aguia, para que voara lonxe da presenza da serpe, ao deserto, ao seu lugar, onde foi sostida por un tempo, tempo e medio tempo. 15 E a serpe lanzou da súa boca, trala muller, auga coma un río, para facer que fora arrastrada pola corrente. 16 Pero a terra axudou á muller, e a terra abriu a súa boca e tragou ao río que o dragón lanzara pola súa boca. 17 Entón o dragón enfureceuse contra a muller, e saiu para facer guerra contra o resto da súa descendencia, os que gardan os mandamentos de Deus e teñen o testemuño de Xesús. 18 E parouse sobre a area do mar
Capítulo 13

1 E vin que subía do mar unha besta que tiña dez cornos e sete cabezas; sobre os seus cornos tiña dez diademas, e sobre as súas cabezas, un nome blasfemo. 2 A besta era semellante a un leopardo, os seus pés eran coma os dun oso e a súa boca coma a boca dun león. E o dragón deullelo seu poder e seu trono e unha grande autoridade. 3 E vin unha das súas cabezas coma ferida de morte, pero a súa ferida mortal foi sandada e a terra enteira abraiada ía trala besta; 4 e adoraron ao dragón, porque lle dera autoridade á besta; e adoraron á besta dicindo: quen é semellante á besta, e quen pode loitar contra ela? 5 Déuselle unha boca que falaba grandezas e blasfemias, e foille dada autoridade para actuar por corenta e dous meses. 6 E abriu a súa boca en blasfemias contra Deus, para blasfemar o seu nome e o seu tabernáculo, é dicir, aos que moran no ceo. 7 E concedéuselle facer guerra contra os santos e conquistalos; e déuselle autoridade sobre toda tribo, pobo, lingua e nación. 8 E han adorala todos os que moran na terra, os que os seus nomes non foron escritos, dende a fundación do mundo, no libro da vida do Año que foi inmolado. 9 Se algún ten oído, oia. 10 Se algún ha ser levado á cadea, á cadea será levado; se algún ha ser morto a espada, a espada será morto. Velaí a perseveranza e a fe dos santos. 11 E vin outra besta que subía da terra; tiña dous cornos semellantes aos dun año pero falaba coma un dragón. 12 E exerce toda a autoridade da primeira besta diante dela, e fai que a terra e os que moran nela adoren á primeira besta que foi sandada da ferida mortal. 13 E fai grandes milagres, de xeito tal que aída fai baixar lume do ceo á terra diante das persoas. 14 E engana aos que moran na terra por medio dos sinais que lle foi concedido facer diante da besta, dicindo aos que moran na terra que fagan unha imaxe da besta que tiña unha ferida de morte e reviviu. 15 E concedéuselle dar alento á imaxe da besta, para que a imaxe da besta tamén falara e fixera que foran mortos os que non adoraran á imaxe da besta. 16 E fai que a todos, pequenos e grandes, ricos e pobres, libres e escravos, lles poñan unha marca na súa man dereita ou na fronte, 17 e que ninguén poida mercar ou vender, senón o que teña a marca: o nome da besta ou o número do seu nome. 18 Aquí está a sabedoría. O que ten entendementeo, deduza o número da besta, porque é número de home: seu número é seiscentos sesenta e seis.
Capítulo 14

1 Mirei, e velaí o Año en pé sobre o o Monte de Sión, e canda el cento corenta e catro mil que tiñan o seu nome e o nome do seu Pai escrito na fronte. 2 E oín unha voz do ceo, coma murmurio de moitas augas e coma o son dun gran estrondo, e a voz era coma o son de arpistas tocando nas súas arpas. 3 E cantaban unha nova cantiga diante do trono e diante dos catro seres vivintes e dos anciáns; e ninguén podía aprender a cantiga, agás os cento corenta e catro mil que foran rescatados da terra. 4 Estos son os que non se contaminaron con mulleres, porque son virxes. Estos son os que seguen ao Año onde queira que vai. Estos foron mercados de entre os homes como primicias para Deus e para o Año. 5 Na súa boca non se atopu engano; están sen macha. 6 E vin a outro anxo voando no medio do ceo que tiña un evanxeo eterno para pregoalo aos que moran na terra, é dicir, sobre toda nación, tribo, lingua e pobo, 7 dicindo en alta voz: Temede a Deus e dádelle gloria, porque chegou a hora do seu xuízo; adorade ao que fixo o ceo e a terra, o mar e as fontes das augas. 8 E outro anxo, o segundo, seguiu dicindo: Caeu, caeu Babilonia a grande, a que fixo beber a tódalas nacións do viño velenoso da súa fornicación. 9 E outro anxo, o terceiro, seguiunos, dicindo con gran voz: se algún adora á besta e á súa imaxe, e recibe a súa marca na súa fronte ou na súa man, 10 el tamén beberá do viño do furor de Deus, vertido puro na copa da súa ira, e será atormentado con lume e xofre á vista dos santos anxos e á vista do Año. 11 E o fume do seu tormento sobe polos séculos dos séculos, e non teñen repouso nen de día nen de noite, os que adoran á besta e á súa imaxe, e calquera que recibe a marca do seu nome. 12 Aquí está a perseveranza dos santos que gardan os mandamentos de Deus e a fe de Xesús. 13 E oín unha voz do ceo que dicía: escribe: ditosos os mortos que morran no Señor de aquí en diante! Sí, di o Espírito, para que descansen dos seus traballos porque as súas obras os acompañan. 14 E mirei e velaí unha nube branca, e sobre a nube sentado un semellante ao Fillo do Home que tiña na cabeza unha coroa de ouro, e na man un fouciño afiado. 15 E saiu do santuario outro anxo proferindo a gran voz ao que está sentado na nube: Envía o teu fouciño e sega, porque chegou a hora de segar, pois o gran da terra está maduro. 16 E o que estaba sentado sobre a nube, lanzou o seu fouciño á terra, e a terra foi segada. 17 E saiu outro anxo que estaba no santuario que está no ceo, tamén cun fouciño afiado. 18 E de carón ao altar saiu outro anxo que ten poder sobre o lume e berroulle ao que tiña o fouciño afiado, dicindo: mete o fouciño afiado na terra e vendima os acios da vide da terra, porque as súas uvas están maduras. 19 20 E o anxo meteu o fouciño na terra e vendimou os acios da vide da terra, e botou as uvas no gran lagar da ira de Deus. E o lagar foi pisado fóra da cidade, e do lagar saiu sangue ata os freos dos cabalos, nunha extensión coma de mil seiscentos estadios.
Capítulo 15

1 Vin tamén no ceo outro sinal, grande e espantoso: sete anxos que tiñan sete pragas, as derradeiras, porque nelas é consumada a ira de Deus. 2 Vin tamén coma un mar de cristal misturado con lume, e os que sairan victoriosos sobre a besta, sobre a súa imaxe e sobre o número do seu nome, en pé sobre o mar de cristal, con arpas de Deus. 3 E cantaban a cantiga de Moisés, servo de Deus, e a cantiga do Año, dicindo: Grandes e marabillosas son as túas obras, oh Señor Todopoderoso! Xustos e verdadeiros son os teus camiños, oh Rei das nacións! 4 Oh Señor! Quen non temerá e glorificará o teu nome? Pois só ti es santo; porque tódalas nacións virán e adorarán diante de ti, pois teus xuízos foron manifestos. 5 Logo disto mirei e abriuse o templo do tabernáculo do testemuño no ceo, 6 e sairon do templo os sete anxos que tiñan as sete pragas, vestidos de liño puro e resplandecente, e cinguidos arredor do peito con cintos de ouro. 7 Entón un dos catro seres vivintes deu aos sete anxos sete copas de ouro cheas da ira de Deus, que vive polos séculos dos séculos. 8 E encheuse o templo co fume da gloria de Deus e do seu poder, e ninguén podía entrar no templo ata que remataran as sete pragas dos sete anxos.
Capítulo 16

1 E escoitei unha gran voz que dende o templo dicía aos sete anxos: ide e vertede na terra as sete copas da ira de Deus. 2 O primeiro foi e verteu a súa copa na terra; producindo unha chaga pestilente e maligna nas persoas que tiñan a marca da besta e que adoraban a súa imaxe. 3 O segundo verteu a súa copa no mar e convertiuse en sangue coma de morto; e morreu todo ser vivo dos que están no mar. 4 O terceiro verteu a súa copa nos ríos e nas fontes de auga, e convertéronse en sangue. 5 E oín ao anxo das augas que dicía: Xusto es ti, o que eres, e o que eras, oh Santo, porque xulgaches estas cousas; 6 pois eles verteron sangue de santos e profetas e ti décheslles a beber sangue; téñeno merecido. 7 E oín ao altar, que dicía: sí, oh Señor Deus Todopoderoso, verdadeiros e xustos son os teus xuízos. 8 O cuarto verteu a súa copa sobre o sol, e foille dado queimar ás persoas con lume. 9 E as persoas foron queimadas co calor abafante; e blasfemaron o nome de Deus que ten poder sobre estas pragas, e non se arrepentiron para darlle gloria. 10 O quinto verteu a súa copa sobre o trono da besta; e o seu reino quedou en tebras, mordéndose a lingua da dor. 11 E blasfemaron contra o Deus do ceo por mor das súas dores e das súas chagas, e non se arrepentiron das súas obras. 12 O sexto verteu a súa copa sobre o gran río Éufrates; e secaron as súas augas para que fora preparado o camiño para os reis do oriente. 13 E vin saír da boca do dragón, da boca da besta e da boca do falso profeta, a tres espíritos inmundos semellantes a rás, 14 pois son espíritos de demos que fan sinais prodixiosas, que van aos reis de todo o mundo, a reunilos para a batalla do gran día do Deus Todopoderoso. 15 (Velaí , veño coma ladrón, ditoso o que vela e garda as súas roupas, non sexa que ande espido e vexan a súa vergoña.) 16 E reuníronos no lugar que en hebreo se chama Armaxedón. 17 O sétimo verteu a súa copa no ar; e unha grande voz saiu do templo, do trono que dicía: Está feito. 18 Entón houbo relampos, voces e estrondos; e houbo un terremoto tan grande e terrible coma endexamais se vira dende que o home está sobre a terra. 19 A gran cidade quedou dividida en tres partes, e as cidades das nacións caeron. E a gran Babilonia foi recordada diante de Deus para darlle o cáliz do viño da ira de Deus. 20 E fuxiu toda illa e nos se atopou monte algún. 21 E enormes graínzos, coma de un talento * ( o peso dun talento era duns 34kg) cada un, caeron sobre as persoas; e as persoas blasfemaron contra Deus pola praga de sarabia, porque esta praga era grande abonda.


Capítulo 17

1 E achegouse a falar comigo un dos sete anxos que tiñan as sete copas, dicindo: ven; mostrareiche o xuizo da gran rameira que está sentada sobre moitas augas; 2 os reis da terra cometeron actos inmorais con ela, e os habitantes da terra foron embebedados co viño da súa inmoralidade. 3 E levoume no espírito a un deserto; e vin a unha muller sentada sobre unha besta escarlata, chea de nomes blasfemos, e que tiña sete cabezas e dez cornos. 4 A muller estaba vestida de púrpura e escarlata, e enfeitada con ouro, pedras preciosas e perlas, e tiña na man unha copa de ouro chea de abominacións e das inmundicias da súa inmoralidade. 5 E na súa fronte estaba escrito un nome: Misterio: Babilonia a grande, nai das rameiras e das abominacións da terra. 6 E vin á muller bébeda do sangue dos santos, e do sangue das testemuñas de Xesús. E quedei pasmado mirando con gran asombro. 7 E díxome o anxo: Por que quedaches abraiado? direiche eu o misterio da muller e da besta que a leva, a que ten as sete cabezas e os dez cornos. 8 A besta que viches, era e non é, e está a piques de subir do abismo para ir cara a destrución. E os habitantes da terra, os que os seus nomes non se escribiron no libro da vida dende a fundación do mundo, quedarán abraiados ao vela besta que era e non é, e estará presente. 9 Aquí está a mente que ten sabedoría. As sete cabezas son sete montes sobre os que se senta a muller; 10 e son tamén sete reis; cinco caeron, un é, e o outro ainda non chegou; e cando veña, debe durar pouco. 11 E a besta que era e non é, é tamén o oitavo, e é dos sete, e vai a perdición. 12 E os dez cornos que viches son dez reis que aínda non recibiron reino, pero recibirán autoridade coma reis xunto coa besta por unha hora. 13 Teñen un mesmo propósito, e entregarán a súa autoridade e poder á besta. 14 Pelexarán contra o Año, e o Año venceraos, porque El é Señor de Señores e Rei de reis, e os que están con El son chamados, escollidos e fieis. 15 E díxome: As augas que viches onde senta a rameira, son pobos, multitudes, nacións e linguas. 16 E os dez cornos que viches e a besta, éstos odiarán á rameira e deixarana arrasada e núa, e comerán as súas carnes e queimarana con lume; 17 porque Deus puxo nos seus corazóns facer o que el se propuxo, e facer que se poñan de acordo, e dean seu reino á besta, ata que as verbas de Deus se cumpran. 18 E a muller que viches é aquela gran cidade, que ten dominio sobre os reis da terra.
Capítulo 18

1 Despois destas cousas vin a outro anxo descender do ceo, que tiña gran poder, e a terra foi iluminada co seu resplandor. 2 E clamou con potente voz, dicindo: caeu, caeu a gran Babiblonia, e converteuse en morada de demos, en gorida de todo espírito inmundo e en gorida de toda ave inmunda e noxenta. 3 Porque tódalas nacións beberon do viño velenoso da súa fornicación, e os reis da terra cometeron actos inmorais con ela, e os comerciantes da terra enriqueceron co poder da súa luxuria. 4 E oín outra voz procedente do ceo que dicía: saíde dela, meu pobo, para que non participedes dos seus pecados e para que non recibades das súas pragas; 5 porque os seus pecados amontoáronse ata o ceo, e Deus lembrouse das súas inxustizas. 6 Pagádelle así como ela pagou, e devolvédelle dobre segundo as súas obras; na copa que ela preparou, preparade o dobre para ela. 7 Na medida na que ela se glorificou e viviu en luxuria, dádelle outro tanto de tormento e choro, porque di no seu corazón: Estou sentada coma raíña, e non son viuva, e nunca verei pranto. 8 Por iso, nun só día, virán as súas pragas: morte, pranto fame, e será consumida con lume; porque o Señor Deus que a xulgou, é poderoso. 9 E os reis da terra que cometeron actos de inmoralidade e viviron sensualmente con ela, chorarán e lamentarán por ela cando vexan a fume do seu incendio, 10 estando en pé de lonxe, por mor do temor do seu tormento, dirán: ai, ai, a grande cidade Babilonia, a cidade forte!, pois nunha hora chegou o teu xuízo. 11 Os comerciantes da terra choran e lamentan por ela, porque xa ninguén merca as súas mercadorías: 12 cargamentos de ouro, prata, pedras preciosas, perlas, liño fino, púrpura, seda e escarlata; toda clase de madeira olorosa e todo obxecto de marfil e todo obxecto feito de madeiras preciosas, bronce, ferro e mármore; 13 e de canela, especias aromáticas, incenso, perfume, mirra, viño, aceite de oliva; e de flor de fariña, trigo,de bestas, ovellas, cabalos, carros, de escravos e de almas de persoas. 14 O froito que tanto desexabas na túa alma, afastouse de ti, e tódalas cousas que eran exquisitas e espléndidas alonxáronse de ti, endexamais se atoparán. 15 Os comerciantes destas cousas, que enriqueceron a costa dela, deteranse ao lonxe por mor do temor do seu tormento, chorando e lamentando, 16 dicindo: ai, ai, a gran cidade que estaba vestida de liño fino, púrpura e escarlata, e enfeitada de ouro, pedras preciosas e perlas!, 17 porque nunha hora foi arrasada tanta riqueza. E tódolos capitáns, pasaxeiros e mariñeiros, e todos os que viven do mar, paráronse ao lonxe, 18 e vendo a fumareda do seu incendio berraban, dicindo: que cidade é semellante á gran cidade? 19 e botaron pó sobre as súas cabezas, e berraban, chorando e lamentando, dicindo: ai, ai, da gran cidade! todos os que tiñan naves no mar enriqueceron a costa dela e nunha hora foi arrasada. 20 Énchete de ledicia sobre ela, ceo, e tamén vós, santos apóstolos e profetas, porque Deus pronunciou xuízo por vós en contra dela. 21 E un anxo poderoso colleu unha pedra, coma unha gran moa e lanzouna ao mar, dicindo: así, con violencia, será lanzada Babilonia, a cidade grande! que endexamais se atopará. 22 E o son de arpistas, de músicos, de frautistas e de trompeteiros non se oirá máis en ti; non se atope máis en ti artífice de oficio algún; ruido de muíño non se escoitará máis en ti; 23 luz de lámpada non alumbrará máis en ti; e a voz do noivo e da noiva non se oirá máis en ti; porque os teus comerciantes eran os grandes da terra, pois tódalas nacións foron enganadas polas súas feitizarías. 24 E nela atopouse o sangue dos profetas, dos santos e de todos os que foran asasinados na terra.
Capítulo 19

1 Despois disto, oín como unha gran voz dunha gran multitude no ceo, que dicía: aleluia! a salvación e a gloria e o poder pertencen ao noso Deus, 2 porque seus xuízos son verdadeiros e xustos, pois xulgou á gran rameira que corrompía a terra coa sua inmoralidade, e vengou o sangue dos seus servos nela. 3 E dixeron por segunda vez: aleluia! o fume dela sobe polos séculos dos séculos. 4 E os vintecatro anciáns e os catro seres vivintes axeonlláronse e adoraron a Deus, que está sentado no trono, e dicían: amén! aleluia! 5 E do trono saiu unha voz que dicía: loubade ao noso Deus seus servos todos, os que lle temedes, os pequenos e os grandes. 6 E oín coma a voz dunha gran multitude, coma o estrondo de moitas augas e coma o son de fortes tronidos, que dicía: aleluia! porque o Seños noso Deus Todopoderoso reina. 7 Festexemos e alegrémonos, e démoslle a el a gloria, porque chegaron as vodas do Año e a súa esposa preparouse. 8 E a ela foille concedido vestirse de liño fino, resplandecente e limpo, porque o liño fino son as nacións xustas dos santos. 9 E díxome o anxo: escribe: felices os que estades convidados á cea das vodas do Año. E díxome: estas son verbas verdadeiras de Deus. 10 Entón caín aos seus pés para adorarlle. E díxome: mira, non!, que son conservo teu e de teus irmáns que reteñen o testemuño de Xesús; adora a Deus. Pois o testemuño de Xesús é o espírito da profecía. 11 E vin o ceo aberto, e velaquí un cabalo branco, o que o montaba chámase Fiel e Verdadeiro, e con xustiza xulga e guerrea. 12 Seus ollos son chamas de lume, e sobre a súa cabeza hai moitas diademas, e ten un nome escrito que ningén coñece agás el. 13 E está vestido cunha roupa enchoupada en sangue, e o seu nome é: o Verbo de Deus. 14 E os exércitos que están nos ceos, vestidos de liño fino, branco e limpo, seguíano sobre cabalos brancos. 15 Da súa boca sae unha espada afiada para ferir con ela ás nacións, e has pastorear con vara de ferro; e el pisa o lagar do viño do furor da ira de Deus Todopoderoso. 16 E no seu manto e na súa man ten un nome escrito: Rei de Reis e Señor de Señores. 17 E vin un anxo que estaba de pé no sol. E berrou a gran voz, dicindo a tódalas aves que voan no medio do ceo: vinde, xuntádevos para o gran festín de Deus; 18 para que comades carne de reis, carne de comandantes e carne de poderosos, carne de cabalos e dos seus xinetes, e carne de todos os homes, libres e escravos, pequenos e grandes. 19 Entón vin á besta, aos reis da terra e aos seus exércitos, reunidos para facer guerra contra o que ía montado no cabalo e contra o seu exército. 20 E a besta foi apresada, e con ela o falso profeta que facía sinais na súa presenza, coas que enganaba aos que recibiran a marca da besta e aos que adoraban a súa imaxe; os dous foron arroxados vivos ao lago de fogo que arde con xofre. 21 E os demáis foron mortos coa espada que saía da boca do que montaba o cabalo, e saciáronse tódalas aves das súas carnes.
Capítulo 20

1 E vin un anxo que descendía do ceo, coa chave do abismo e unha gran cadea na súa man. 2 Prendeu ao dragón, a serpe antiga, que é o Diaño e Satanás, e atouno por mil anos; 3 e arroxouno ao abismo, e o encerrou e selou sobre el, para que non enganara máis ás nacións ata que se cumpriran os mil anos; logo disto é preciso que sexa desatado por un pouco de tempo. 4 Tamén vin tronos, e se sentaron sobre eles, e concedéuselles autoridade para xulgar. E vin as almas dos que foran decapitados por mor do testemuño de Xesús e da palabra de Deus, e aos que non adoraran á besta nen á súa imaxe, nen recibiran a marca sobre a súa fronte nen sobre a súa man; e volveron a vivir e reinaron co Mesías mil anos: esta é a primeira resurrección. 5 Os demáis mortos non volveron á vida ata que se cumpriron os mil anos. 6 Feliz e santo é o que ten parte na primeira resurrección; a morte segunda non ten poder sobre estos senón que serán sacerdotes de Deus e do Unxido, e reinarán con el por mil anos. 7 Cando se cumpran os mil anos, Satanás será soltado da súa cadea, 8 e sairá a enganar ás nacións que están nos catro extremos da terra, a Gog e a Magog, para reunilas para a batalla; o número delas é coma a area do mar. 9 E subiron sobre a anchura da terra, rodearon o campamento dos santos e a cidade amada. Pero descendeu fogo do ceo e devorounos. 10 E o diaño que os enganaba foi arroxado ao lago de fogo e xofre, onde tamñen está a besta e o falso profeta; e serán atormentados día e noite polos séculos dos séculos. 11 E vin un gran trono branco e ao que estaba sentado nel, ante o que fuxiron a terra e o ceo, e non se atopou lugar para eles. 12 Vin aos mortos, grandes e pequenos, de pé diante do trono, e os libros foron abertos; e outro libro foi aberto, que é o libro da vida, e os mortos foron xulgados polo que estaba escrito nos libros, segundo as súas obras. 13 O mar entregou os mortos que estaban nel, e a Morte e o Hades entregaron aos mortos que estaban neles; e foron xulgados cada un segundo as súas obras. 14 E a Morte e o Hades foron arroxados ao lago de fogo. Esta é a morte segunda: o lago de fogo. 15 E o que non se atopaba inscrito no libro da vida foi arroxado ao lago de fogo.
Capítulo 21

1 Logo vin un ceo novo e unha terrra nova, porque o primeiro ceo e a primeira terra xa pasaran, e o mar xa non existía. 2 Vin que descendía do ceo, de Deus a cidade santa: unha nova Xerusalén disposta como unha noiva engalanada para o seu esposo. 3 Oín unha voz grande dende o trono que dicía: Velaí o tabernáculo de Deus onda os homes, morará con eles e eles serán o seu pobo, e Deus mesmo estará con eles. 4 El enxugará cada unha das bágoas dos seus ollos e xa non haberá mais morte nin pranto nin dor porque as primeiras cousas paxaron xa. 5 O que está sentado no trono dixo: Velaí que fago novas tódalas cousas, e engadiu: escribe: estas palabras son verdadeiras e cheas de fidelidade. 6 Díxome: "feito está. Eu son o Alfa e o Omega, o Principio e o Fin; a quen teña sede, dareille de balde da fonte da auga de vida". 7 O Vencedor será herdeiro de todo isto,; Eu serei o seu Deus, e el será o meu fillo. 8 Mais os covardes e incrédulos, os malvados e asasinos, os fornicarios, os bruxos e os idólatras e todos os que viven na mentira terán a súa parte no lago que arde con fogo e xofre, que é a morte segunda. 9 Vin un dos sete anxos que tiñan as sete cuncas cheas das sete pragas derradeiras, que falou comigo dicíndome: Ven, que che vou amosar a noiva, a esposa do Año. 10 Levoume en espírito á cima dun monte alto, e amosoume a cidade santa, Xerusalén, descendendo do ceo, de Deus. 11 E tiña a gloria de Deus, de tal xeito que o seu resplandor era coma a máis preciosa das pedras, unha pedra de xaspe transparente coma o cristal. 12 Tiña un muro alto e grande que ten doce portas, e enriba das portas doce anxos e uns nomes escritos que son as doce tribos dos fillos de Israel. 13 Tres portas polo Nacente tres portas polo Norte, outras tres portas polo Mediodía e tres portas polo Poñente. 14 O muro da cidade tiña doce alicerces, e neles os doce nomes dos doce apóstolos do Año. 15 E o que falaba comigo tiña unha medida, unha vara de ouro para medir a cidade, as portas e o muro. 16 A cidade está afirmada nun cadrado: a súa lonxitude e igual que a súa anchura. Mediu a cidade coa vara: doce mil estadios. A súa lonxitude, anchura e altura eran iguais. 17 Mediu tamén o muro, cento corenta e catro codos, medida de home, aquela que usou o anxo. 18 O material do muro era de xaspe, pero a cidade era de ouro puro semellante ao cristal puro. 19 Os alicerces do muro da cidade tiñan sido adornados con toda pedra preciosa: o primeiro alicerce, xaspe; o segundo zafiro; o terceiro calcedonia; o cuarto, esmeralda; 20 o quinto, sardónix; o sexto, cornalina; o séptimo, crisólito; o octavo, berilo; o noveno, topacio; o décimo crisópaso; o undécimo, xacinto; o duodécimo, amatista. 21 As doce portas eran doce perlas, cada unha das portas era de una soa perla, e a praza da cidade era de ouro puro, trasparente coma o cristal. 22 E eu non vin nela ningún santuario, porque o Señor, o Deus Todopoderoso e mailo Año é o santuario dela. 23 A cidade non precisa de luz do sol nin de lúa que a ilumine, porque a gloria de Deus a ilumina e o Año é a súa lámpada. 24 As nacións andarán á luz dela e os reis da terra entregaranlle a súa gloria. 25 Endexamais non se pecharán as portas de día, e alí non haberá noite. 26 As nacións levarán alí a súa gloria e o seu honor. 27 Endexamais non entrará nela ningunha cousa inmunda, abominable ou mentirosa, so entrarán aqueles que están inscritos no libro da vida do Año.
Capítulo 22

1 Mostroume un río de auga de vida, resplandecente coma o cristal, que saía do trono de Deus e do Año. 2 No medio da rúa principal da cidade, a unha e outra beira do río había unha árbore da vida que dá unha ducia de froitos, dando o seu froito a cada mes, e as follas da árbore son para a sanidade das nacións. 3 Xa non haberá máis maldición, senón que o trono de Deus e do Año estará nela, e os servos a servirán. 4 Verano cara a cara, e o seu nome estará nas súas frontes. 5 E non haberá noite, nen precisarán de luz de lámpada nen da luz do sol, porque o Señor Deus brillará sobre eles, e reinarán para sempre. 6 Entón díxome o anxo: estas palabras son fieis e verdadeiras. O Señor, o Deus dos espíritos dos profetas, mandou ao seu anxo para ensinar aos seus servos o que vai a suceder axiña. 7 "Velaí que Eu veño de seguida. Feliz o que fai caso do que está escrito na profecía deste libro. 8 Eu, Xoán, son o que oín e vín estas cousas. Ao escoitalas e velas, caín aos pés do anxo que mas amosaba para adoralo. 9 Pero él díxome: ·"Non fagas iso! Eu estou a servirte a ti e máis aos teus irmáns os profetas e a todos os que fan caso das palabras escritas neste libro: Adora só a Deus! 10 Continuou dicíndome: Non gardes en segredo as palabras da profecía deste libro, porque o tempo de cumplirse vai chegar axiña. 11 O que é inxusto, que siga sendoo, o inmundo, máis inmundo aínda; pero o que é xusto debe ser máis xusto e o que é santo, aínda máis santo. 12 Velaí que Eu veño axiña, e o meu premio está comigo, para recompensar a cada un segundo a súa obra. 13 Eu son o Alfa e o Omega, o Primeiro e o Derradeiro, o Principio e o Fin. 14 Benditos os que lavan as súas roupas para teren dereito á árbore da vida, e entrar polas portas da cidade. 15 Fora quedarán os cans, os bruxos, os fornicarios, os asasinos, os idólatras e todos aqueles que aman e practican a mentira! 16 Eu, Xesús, mandéivolo meu anxo para testemuñar de todas estas cousas sobre as igrexas. Eu son a raíz e a linaxe de David, a Estrela resplandecente da mañá. 17 O Espírito e a esposa din: "Ven!" E o todo aquel que escoita que diga "Ven!" E o que teña sede, que veña, e todo aquel que o desexe que tome de balde da auga da vida. 18 Eu testifico a todo que escoita as palabras da profecía deste libro: se alguén engade algo ao que está escrito, Deus mandaralle as pragas escritas neste libro. 19 Se alguén quita algunha palabra das profecías deste libro, Deus quitará a súa parte da árbore da vida e da cidade santa, das cousas que foron escritas neste libro. 20 Aquel que da testemuña destas cousas di: "Eu veño pronto!" Amén, sí ven Señor Xesús! 21 A graza do Señor Xesús sexa con todos.